4ª Xornada Slam Poetry Bóveda KuturN´aldea

Bóveda Slam Poetry

KuturN´aldea

4º CombateRamón PerisYolanda ChiclanaRobertoPatriciaJoserraa golpe de versos

CRÓNICA DO EVENTO

O slam IV de Bóveda Slam Poetry desenvolveuse, o sábado 30 de setembro ás sete da tarde repetindo escenario, o Restaurante Paco de Rubián.

Nesta ocasión os sete poetas non coincidiron cos que estaban previamente inscritos porque houbo imprevistos de última hora que cambiaron o cartel.

A asistencia do público, que non estivese relacionado con ningún dos poetas, foi  a xusta como para repartirlle os 7 taboleiros con que puntuaron a intervención de cada un deles. Fíxose deste xeito para non perxudicar aos poetas que viñan sen acompañantes. 
Prescindimos das cartolinas de cores e optamos por facer dúas roldas con todos os participantes saíndo gañadores os 3 que obtiveron as maiores puntuacións.
Como invitada ao acto asistiu a recoñecida e consolidada escritora do Incio, Marica Campo. Contounos que estaba moi vencellada ao concello de Bóveda pois ten raices familiares da casa Torre de Ver. 
Comezou a presentación da escritora falando dos seus libros e recitando algúns  versos e xa ao remate  ilustrounos cunha explicación da orixe e composición dunha sixtina poética pois un dos seus libros está formado por 39 delas, toda unha proeza debido á dificultade de compoñer este tipo de versos.


Marica Campo

Resumo 1ª Rolda

Roberto López

Entrega Premios