O MISTERIO DO TULIPÁN
12 DE NOVEMBRO DE 2023
O Centro Sociocultural de Bóveda acolleu a máis de cincuenta persoas, sendo principalmente público infantil, nenos de ata 10 anos acompañados dalgúns dos seus familiares. O motivo non foi outro que presentar “O Misterio do Tulipán”, unha obra literaria de Yolanda Álvarez Castro.
Yolanda deu inicio á presentación con agradecementos para todas aquelas persoas que formaron os elos da cadea necesarios para que o conto se convertera en realidade. Deseguido, a autora de Rubián explicou como naceu o conto e o orgullosa que está do ilustrador da portada, o seu fillo Theo.
UNHA PRESENTACIÓN MOI INTERACTIVA
Arroupada por dous músicos, Martín e Gonzalo do grupo musical LOUBAND de Sarria, comezou o contacontos interactivo cos asistentes e ao rematar o espectáculo, merenda e pinta caras para todos, nenos e maiores.
Con cada libro que se vendeu a autora agasallou un lapis tulipán artesán ata esgotar existencias asimando con moito entusiasmo cada un dos exemplares. Nenos e maiores gozaron moito deste acto cultural organizado pola autora en colaboración co Concello de Bóveda e a editorial Peruchela Edicións.
MÁIS PRESENTACIÓNS
O vindeiro domingo 19 de novembro ás cinco da tarde será a segunda presentación de “O Misterio do Tulipán”, farase en Lugo no centro sociocultural do Vello Cárcere.
En adiante, a escritora ten previstas máis presentacións por varias vilas galegas co oxectivo de achegar o libriño ás crianzas. Está escrito en letra maiúscula e é ideal para os primeiros lectores.