AUTOR CONVIDADO
Este martes 14 de maio estará na Libraría Pelayo
Xesús Alfonso Parada Jato, nado en Meiraos (Folgoso do Courel) en 1967, é un escritor e artista plástico galego.
Cursou estudos de Historia na UNED. É diplomado en Traballo Social pola UNED e experto universitario en Animación Sociocultural Ocio e Tempo Libre, tamén pola UNED. É colaborador habitual en revistas coma Xistral (revista lucense de creación poética) e A Candea (cultural).
Coa nosa editorial, Peruchela Edicións ten publicados ata o de agora 3 poemarios. Elpis na Lareira, Naiádes e Entre o Luceiro e a noite.