Rúa Doutor Casares, 58 Diante do Ies Daviña Rey - MONFORTE DE LEMOS



Coindindo co día das Letras Galegas, o venres 17 de maio ás 21hs. na sala de eventos da adega Regina Viarium de Doade, Anxo Muíños presentou os libros “A irmandade da bandeira branca” e “A linguaxe Corsaria” que acaba de publicar co selo editorial de Peruchela Edicións.
Despois da presentación houbo unha degustación de viños da D.O. Ribeira Sacra.
Saudade do pasado, aventura, anarquismo, bohemia, revolución, esmorga… e mundo dos piratas. Desexo de investigar ás culturas primitivas. Na procura dunha vida diferente á convencional. Anacos da Historia ou da Literatura, mesturados coas vivencias persoais.
Hai moitas citas, que lle dan un aire culto ó texto. Unha pregunta moi interesante: -Se perderades tódalas cousas materiais no naufraxio, con que ficariades?. Quédome con estes proverbios: Só fica o que soñamos na vida interior. O único que nos levamos no momento da morte será o que démos. O ser humano só tén de valor aquílo que non pode perder nun naufraxio.
Landaseiva-Idealismo-Utopía-Protección da natureza.
Segue habendo neste libro diálogos moi interesantes entre os náufragos, cargados de razoamento filosófico. Crenzas, mitos, deuses, piratas; nesa atmosfera libertaria no sentido clásico e de sensualidade que esperta a vida na illa. Todo moi ecolóxico, moi hippie.



Na nosa tenda física podes atopar todos o libros do autor.