De Visu, Ese enigma inalcanzable, recolle en palabras do autor : “A realidade a ollos vista, unha realidade cotiá, convertíndose na inspiración, na esencia mesma que deriva nunha forma resultante de pensamentos, vivencias e sensacións; todas elas relacionadas infinitamente“.
Pretende ser unha análise de nós mesmos, das nosas debilidades nun todo paralelo e universal que unha vez rematada a súa lectura, suscite a reflexión e a parodia personal como elemento vertebrador do conxunto.